a·lenta editora

a·lenta é desde 2019 a rama editorial de manchea, seguindo a tradición da imprenta como difusora de ideas e das imprentas como casas editoriais, responsables de todo o proceso de produción dun libro.

A través de a·lenta publicamos aquelas obras e traballos que nos interesan, coidando tanto do libro como contido como do libro como obxecto. Todas as nosas publicacións teñen unha gran parte de traballo artesanal detrás, xa sexa na selección dos papeis, a utilización de tipos móviles ou a encadernación.

O nome responde a eses dous aspectos. Por unha parte, o obxectivo de axudar a dar a coñecer aqueles contidos que cremos que merecen ser lidos; e por outra, o emprego de procedementos que requiren tempo e minuciosidade.

Podes atopar os libros publicados por a·lenta facendo clic sobre a imaxe:

Copyright © 2021 manchea Política de privacidade | Audioman Child by Catch Themes