A Coruña anarquista – Óscar Freán

12,00

Categoría:

Descripción

A Coruña anarquista. Na procura do ideal de liberdade.
Freán Hernández, Óscar

Óscar Freán realiza neste libro unha análise das redes de sociabilidade anarquista na cidade da Coruña dende finais do século XIX ata o golpe de 1936.
O movemento libertario gozaba dunha forte implantación na cidade galega nos primeiros anos dos século XX. A Coruña anarquista é un estudo das distintas formas que tomou esta contrasociedade na Coruña da época, tanto no plano profesional, como no social e o familiar.

Sobre o autor:
Óscar Freán Hernández (Ourense, 1971) é Catedrático de Historia Contemporánea de España na Universidade Lumière Lyon 2 (Francia). Especialista na historia do anarquismo, é autor dos libros El movimiento libertario en Galicia, 1910-1936 (Ediciós do Castro, 2006) e A revolución escrita. A prensa obreira galega, 1866-1936 (Orbis Tertius, 2013), así como de numerosos artigos e colaboracións en diferentes revistas e obras colectivas.

Características técnicas:

ISBN: 978-84-121338-1-3
Ano de publicación: 2020 *
Nº de páx.: 81
Papel: Curious Matter 270g (cuberta), Offset óso 90g (interior)
Impresión: Risografía (cuberta); dixital (interior)
Xénero: Ensaio
Dimensións: 18 x 12 cm
Peso:

* A Coruña anarquista xa foi editado por manchea no ano 2018 baixo o nome editorial Thegroyne. Esa edición de 100 exemplares está actualmente esgotada.

Please wait while flipbook is loading. For more related info, FAQs and issues please refer to DearFlip WordPress Flipbook Plugin Help documentation.

Información adicional

Peso 100 g
Dimensións 180 × 120 × 8 mm
Copyright © 2021 manchea Política de privacidade | Audioman Child by Catch Themes