Porca terra – John Berger

Categoría:

Descripción

Porca terra é a tradución ao galego da obra Pig Earth (1979), a primeira parte da triloxía que John Berger chamou Into Their Labours, a cal se completa con Once in Europa (1987) e Lilac and Flag (1991) –estas dúas non publicadas en lingua galega–. A triloxía realiza un percorrido pola historia do campesiñado europeo dende as súas raíces no campo ata a súa integración nas cidades. Porca terra correspóndese coa primeira etapa, a da vida no rural e o traballo da terra. No libro, Berger reúne relato, poesía e ensaio.
Porca terra conta cunha edición anterior en galego publicada por Rinoceronte Editora en 2007 que na actualidade está esgotada. Máis de dez anos despois, o tradutor Xoán Abeleira retomou o seu traballo para producir unha edición revisada e con algúns cambios con respecto a aquela primeira versión.

Sobre o autor:
John Berger (Londres, 1926 – Antony, 2017) foi un escritor e crítico de arte británico. Aínda que iniciou a súa vida profesional como pintor, o recoñecemento chegoulle grazas especialmente á súa faceta como crítico. Neste eido destaca o seu libro Ways of Seeing (1972), que acompañaba ao programa do mesmo nome emitido pola BBC Two que el presentaba. Como escritor, Berger produciu novela, poesía, ensaio, obras de teatro e guións cinematográficos.
Berger viviu os os últimos 40 anos da súa vida nos Alpes franceses, unha experiencia que inspirou e deixou unha fonda pegada na súa triloxía Into Their Labours.

Sobre o tradutor:
Xoán Abeleira Álvarez (Maracay, 1963) é un escritor e tradutor galego. Naceu en Venezuela, fillo de emigrantes galegos, e regresou a España en 1973. Dende entón publicou numerosos libros en castelán e en galego, colaborou en xornais como El País ou La Opinión de A Coruña e leva traducidas máis de 40 obras.

Características técnicas:
ISBN: 978-84-121338-0-6
Ano de publicación: 2019
Nº de páx.: 229
Papel: papel de algodón feito a man*(cuberta), Munken Print Speed 90g (interior)
Impresión: Risografía (cuberta); tipografías móbiles (interior)
Xénero: Relato, Poesía, Ensaio.
Dimensións: 14 x 21 cm
Peso:

* O papel da cuberta está feito por nós no noso taller. Para facelo empregamos sabas vellas de algodón, fieitos recollidos nos montes que hai arredor da cidade da Coruña, amidón de arroz, e nogalina.
Podes ver un vídeo do proceso aquí.

 

video
play-sharp-fill

Programa Zigzag·Decembro 2019

 

https://manchea.gal/

Sustentabilidade: que se traduce en apostar por, na medida do posible, traballar coa comunidade que nos rodea e por empregar materiais da zona, respectuosos coa contorna ou recuperados e reutilizados.

Ilia哩亞購買官網

哩亞一次性拋棄式電子煙,行業頂尖技術賦能,品質出眾設計,官網 https://www.online-ilia.com/正品保證,隱私包裝出貨。

哩亞電子煙煙彈,每一口都還原真的味道 https://www.online-ilia.com/pods價格優惠,質量有保證,快速出貨。

Copyright © 2024 manchea Política de privacidade | Audioman Child by Catch Themes